As organizacións impulsoras do Plan de Choque Social lanzamos unha serie de propostas urxentes para protexer a maioría da sociedad e, en especial, da clase traballadora desde a solidariedade, a organización colectiva e a mobilización.

Se o goberno realmente non quere, como sucedeu en 2008,  deixar a ninguén atrás, debe ampliar a súa visión. Existen medidas que deben aplicarse de forma urxente para deixar de pór en risco vidas e evitar un colapso sanitario e social. O Goberno ten que escoitar a centos de sindicatos, organizacións e plataformas antiracistas, feministas, ecoloxistas e sociais que esiximos unha saída a esta crise sanitaria, social, de coidado, climática, ecolóxica e económica que poña a vida no centro e non os beneficios das grandes empresas.

Deixar a protección da sociedade e do medio ambiente nas mans da boa vontade do IBEX 35, os especuladores e outras potencias económicas non é unha opción se queremos evitar que aumente, aínda máis, a desigualdade social, o deterioro climático e ambiental e a destrución de dereitos.